lunes, 23 de mayo de 2016

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2016

         Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas de este ano 2016, adicado ó escritor de Outeiro de Rei, Manuel María, na nosa Unidade tivemos a sorte de contar con persoas destacadas do mundo da cultura que nos acercaron máis á figura deste escritor, ademáis de vivir unhas xornadas inesquezibles e moi entrañables.

         O día xoves 12 de Maio visitou a Unidades o escritor e crítico literario Armando Requeixo Cuba, que na actualidade é investigador no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Armando acercounos á figura de Manuel María, a quen coñeceu en persoa, facéndonos máis cercana a persoa do escritor ó que se lle dedicou este ano as Letras Galegas.
         Os internos participaron nun coloquio, facendo preguntas e dialogando con Armando, quen sempre amosouse encantado de respostar ás mesmas.

         O día xoves 19 de Maio, quenes visitaron a nosa Unidade foron a cantante Uxía Senlle e Narf (Fran Pérez), quenes cantaron algunhas cancións do seu novo disco "Baladas da Galiza imaxinaria", ademáis de cancións versionadas de poemas de Manuel María. Foi unha xornada moi emotiva, na que quedamos encantados co cariño amosado por os invitados hacia os internos, 

         Estas visitas deixaron moi bo sabor de boca e quedamos encantados coa sua participación desinteresada e sincera. Dámoslles as gracias, e poñémonos á súa disposición para o que sexa necesario. ¡Moitas gracias!  
   

No hay comentarios:

Publicar un comentario