domingo, 20 de noviembre de 2016

ENTREVISTA NA RADIO DO IES DE BRION

          Coincidindo coa realización da primeira sesión no IES de Brión o pasado día 8 de Novembro, os internos participantes e membros do Equipo foron entrevistados no programa radio que este Centro Educativo realiza.

          Nesta entrevista os internos responderon ás preguntas que lles foron realizadas e amosáronse moi agradecidos ó IES de Brión, por canto supón para eles de experiencia nova e de posibilidade de trasmitir a sua mensaxe.

         Damos as gracias unha vez máis ó Centro Educativo e deixamos aquí o enlace para escoitar a entrevista realizada. Tamén se pode acceder na web do IES de Brión. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario